Escoitar

A Selección española de fútbol-sala manterá un encontro con nenos vigueses

xoves, 18 out 2001
A Selección nacional de fútbol-sala, que dirixe Javier Lozano, celebrará en Vigo un acto, a semellanza do tradicional encontro cos nenos “A selección, un equipo de todos” cos compoñentes do equipo absoluto que dirixe José Antonio Camacho. Os máis pequenos terán a ocasión de achegárense ós xogadores internacionais de fútbol-sala, o luns 22 de outubro ás 13:00 horas no pavillón central das Travesas, trala sesión de adestramento.

A Concellería de Deportes patrocina o encontro amistoso de fútbol-sala entre a Selección española e a Selección portuguesa que se disputará o luns 22 de outubro ás 21:00 no pavillón central das Travesas.

O prezo das localidades é de 500 pesetas e pódense adquirir no pavillón das Travesas. Os socios do clube Siareiros terán entrada gratuíta e os afiliados ós clubes de fútbol-sala poden recoller invitacións na oficina da Concellería de Deportes, no décimo andar do Concello de Vigo, para asistir gratuitamente ó partido.