A remodelación do Fragoso completarase coa plantación de 140 árbores
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e o concelleiro de Vías e Obras, Uxío González, visitaron as obras de remodelación da avenida de Fragoso, un proxecto no que o Concello investiu 87 millóns de pesetas. Os traballos de humanización da rúa están xa rematados. Só falta a plantación das 140 árbores que adornarán toda a avenida, tarefa que se realizará a primeiros de novembro.
Tras estas obras, a avenida de Fragoso está totalmente urbanizada e conta con todos os servicios completamente renovados: saneamento, abastecemento de auga, gas, cable, alumeado. Construíronse dous quilómetros de beirarrúas, que ademais foron ancheadas ata os tres metros e medio. Elimináronse as barreiras arquitectónicas e creáronse espacios para os colectores de lixo.
Lois Castrillo salientou que o Goberno municipal está a dedicar importantes esforzos presupostarios a humanizar rúas e prazas da cidade. Ademais de Fragoso, citou Doutor Cadaval, María Berdiales, a praza da Princesa, Venezuela, Velázquez Moreno e a Travesía de Vigo, e anunciou o próximo comezo das obras de mellora da praza do Progreso e de remodelación de Urzaiz.
Descargar todas as imaxes