Escoitar

Noites Vivas de cine na praza Elíptica

mércores, 17 out 2001
A película Times´s Up proxectarase o xoves 18 na sala dúas dos multicines Box da praza Elíptica, ás 23:30, dentro da programación das Noites Vivas da Concellería de Xuventude, na que colabora o Cineclube Lumière. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

TIME´S UP!!, de Cecilia Barriga, CHILE-ESPAÑA 2000. Road movie urbana na que unha psicóloga farta de pagar alugueres merca unha caravana para pasar consulta ós pacientes.

Programación

25 outubro: O ÚLTIMO HARÉN, de Ferzan Ozpetek, ITALIA 1999. É a historia dun amor entre a favorita do Sultán e un dos eunucos do último Harén do Imperio Otomano, a principios do século XX.

8 novembro: MARATÓN DE CURTAMETRAXES