Aberto o prazo para inscribirse nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza as III Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que se desenvolverán no Centro Cultural Caixanova. A solicitude de inscrición poderá realizarse ata o 26 de outubro na Escola Municipal de Danza situada na Casa do Concello.
Nestas xornadas poderán inscribirse as agrupacións pertencentes a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro, que presenten un mínimo de seis parellas mixtas no escenario maiores de 16 anos. O xurado poderá requerir a presentación dalgún documento de identificación dos participantes.
O comité organizador das xornadas seleccionará, entre tódalas solicitudes recibidas, un total de 12 agrupacións e se terán en conta criterios de calidade, experiencia a nivel nacional e internacional, participación noutros certames ou festivais, premios obtidos e número de compoñentes. O 3 e 4 de novembro actuarán seis agrupacións cada día e a final será o 10 de novembro.
As agrupacións participantes comporanse necesariamente de corpo de baile e grupo de acompañamento, e vestirán todos eles o traxe tradicional. Ningún bailarín ou grupo de acompañamento poderá tomar parte nas xornadas con máis dunha agrupación: este será motivo de descalificación para as agrupacións implicadas.
Cada agrupación seleccionada bailará dúas danzas, cunha duración máxima de 5 minutos cada unha delas.
O primeiro premio está dotado con 250.000 pesetas, medalla e diploma, o segundo con 150.000, o terceiro con 100.000 e o cuarto con 50.000 pesetas. Haberá dous premios especiais de 25.000 pesetas ó mellor bailarín e á mellor bailarina e un de 30.000 ó mellor grupo de acompañamento, grupo de gaitas ou pandeiretas.
O comité organizador aboaralle a cada agrupación participante de fóra do termo municipal de Vigo a cantidade de 40.000 pesetas, en concepto de gastos de desprazamento, e 20.000 ás agrupacións da cidade.
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presidirá o xurado, actuará como secretario Ramiro Quicler Zarandon e como vocais Francisco Fernández Pintelos, Iván Costa Blanco, Margarita Roig Rechou, Francisco Javier Feijóo Álvarez e Avelino San Luis Costas.