Escoitar

Reábrese ó tráfico a ponte do Pontillón

luns, 15 out 2001
A ponte do Pontillón abriuse hoxe á circulación en sentido Gran Vía despois de que finalizasen as obras para a construcción dun paso soterrado que unirá o parque de Castrelos co paseo da beira do Lagares. Ao mesmo tempo, estableceuse o sentido de circulación ascendente na baixada á Pontenova. Restrínxese o paso a vehículos de máis de 3,5 toneladas.

Esta medida ten carácter provisional, xa que nos próximos meses vaise construír unha ponte no Pontillón que substituirá a actual, que ten máis de 50 anos de antigüidade e presenta síntomas e deterioro. O Concello de Vigo encargou o proxecto da nova ponte e o custo será asumido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Esta era unha das obras previstas no convenio asinado polo alcalde, Lois Castrillo, co titular da CPTOPV, Xosé Cuiña.