Escoitar

O acceso á autoestrada por Isaac Peral permanecerá cortado durante a fin de semana

xoves, 11 out 2001
O venres 12 de outubro cortarase ao tráfico o acceso de entrada á autoestrada a través de Isaac Peral para que se poidan realizar unhas obras de reparación das reixas situadas na calzada. Os traballos durarán toda a fin de semana. O luns volverá abrirse ao tráfico ese acceso.

O departamento de Circulación ordenou que as obras se executasen durante os días festivos porque o volume de tráfico é moito menor ca en xornadas laborables. Circulación recomenda que durante esta fin de semana os conductores que queiran acceder á autoestrada utilicen as rúas Lepanto ou Bos Aires.


Corte de tráfico na vía de servicio da Avenida de Madrid

O luns, día 15 vaise prohibir a circulación na vía de servicio da Avenida de Madrid en sentido saída da cidade entre a praza de España e S. Roque. O motivo é a execución dunhas obras para evitar filtracións de auga nun edificio da zona.