Escoitar

A Casa da Xuventude acolle o ciclo de exposicións ”Mirarte”

mércores, 10 out 2001
imx658.jpg
Obra de Rocío Torres
A Concellería de Xuventude organiza o ciclo de exposicións ”Mirarte: un lugar para os sentidos” para dar a coñecer a obra de novos artistas vigueses na Casa da Xuventude. A fotógrafa Rocío Torres Pumeda clausura mañá xoves a colección titulada ”Ó descuberto”.

O artista Enrique Romaní Rodríguez exporá, do 16 ó 26 de outubro, a obra pictórica ”Espírito sen nome” para dar paso á exhibición das pinturas de Iria Vázquez López ”Sentimentos” do 30 de outubro ó 9 de novembro.

O Grupo Territorial Educación sen Fronteiras (Coordenadora Galega de ONGs para o desenvolvemento) amosará a colección fotográfica ”Galicia solidaria” a partir do 13 de novembro de 2001.
Descargar todas as imaxes