Vendidas máis da metade das entradas para o concerto de Lluís Llach
O concerto que ofrecerá o sábado en Vigo Lluís Llach está a espertar unha enorme expectación como proba o feito de que a catro días da actuación xa estea a metade do aforo vendido.
O concerto de Llach está incluído no programa “As músicas faladas”, organizado polo Concello de Vigo e Caixanova co gallo do “Ano europeo das linguas”. O cantautor catalán presentará na nosa cidade o espectáculo Temps de Revoltes.
As localidades están á venda na taquilla telefónica de Caixanova (986 11 05 00) ao prezo de 1.000 e de 700 pesetas (6,01 e 4,21 euros). O concerto será o sábado 13, ás 22:30 horas, no Centro Cultural Caixanova.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes