Escoitar

Aprobada a urbanización dun polígono residencial en Lavadores

xoves, 25 out 2001
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de urbanización do polígono “U.E. IV-10-Ramón Nieto 4”. O presuposto de execución desta obra é de 95.432.892 pesetas. A urbanización consistirá na apertura dunha nova rúa que unirá a Baixada ao Capitán coa Baixada a Sta. Cristina. Ademais, urbanizarase a Baixada ao Capitán e ampliarase o camiño de Fontanes. O proxecto prevé tamén a apertura dunha conexión peonil entre a Avda. Ramón Nieto e o camiño de Fontanes e a creación de zonas verdes e axardinadas.


O Consello da Xerencia convocará 12 prazas para cubrir vacantes do cadro de persoal

O Consello da Xerencia aprobou as bases xerais e específicas para cubrir en propiedade 12 prazas de persoal funcionario. As prazas que sairán a concurso son 8 de auxiliares de administración xeral, 1 dun técnico de administración xeral, 2 de arquitecto e 1 de arquitecto técnico.

As convocatorias vanse publicar no Boletín Oficial da Provincia, e no Diario Oficial de Galicia. Tódalas prazas son de acceso libre.