Escoitar

As asociacións disporán dun portal de intercambio de información e debate

xoves, 25 out 2001
imx711.jpg
Mariló Cabaleiro
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, presentou o ”Portal das asociacións” na aposta polo uso das tecnoloxías da información como medio de potenciación do asociacionismo. A páxina www.cidadansvigo.org nace coa pretensión de conformar ”unha gran comunidade virtual”, segundo manifestou Cabaleiro.

Nesta páxina dixital ofrécense medios que lles permitirán ás asociacións rexistradas dar a coñecer as súas actividades fóra do seu ámbito de traballo.

O Servicio de Atención Cidadá, responsable do mantemento e administración do portal, incluirá noticias, proporá a creación de foros de debate, enlaces e programas e utilidades informáticas de interese para as asociacións. Incluiranse tamén convocatorias, axudas, subvencións e bolsas.

As asociacións poderán darse de alta e propor foros de debate e anuncios de cursos e actividades, entre outros. Permitiráselles tamén a tódolos cidadáns o acceso á información do portal, así como a participación nos foros existentes.

Descargar todas as imaxes