Escoitar

Audición didáctica do grupo Xalgarete no museo Liste

O próximo sábado terá lugar unha nova audición didáctica do programa de audicións estivais do Museo Liste. Nesta ocasión correrá a cargo de "Xalgarete", agrupación folclórica, nada en Vigo no ano 1987.A actuación, será de balde, dará comezo as 12:30 e desenvolverase na finca circundante ao Museo, na Rúa Pastora, 22.

mércores, 20 ago 2008
1219226315xalgarete.jpg
"Xalgarate" fórmase en Vigo no ano 1987. Dous anos máis tarde, nace no seu seo o grupo de pandereteiras "Soalla" e o grupo de gaitas "Corxa". A día de hoxe conta, ademais, cunha canteira de novos valores nos diversos grupos das escolas de baile, pandeireta e gaita, sendo a fin última, tanto das escolas, coma da propia agrupación a divulgación do noso folclore máis tradicional.

Dende o principio o traballo do grupo foi orientado cara a recuperación, conservación e difusión do folclore galego, tanto no que se refire a danza, música roupa coma as diferentes manifestacións culturais ou relixiosas da sociedade galega tradicional.

Ten participado en várias Festas e Festivais en toda a España, destacando-se, tamém, a participación en Festivais en Portugal, Francia e Holanda.
Descargar todas as imaxes