Escoitar

Exposición de traballos do colectivo Fuck Comics

O colectivo vigués FUCK, integrado por debuxantes de cómic, expón na Biblioteca Pública Central de Vigo as portadas e outros traballos do Fanzine FUCK COMICS, que se ven publicando dende o 2006.

martes, 19 ago 2008
1219146908cartelcomicbilio.jpg
A exposición pódese ver na biblioteca ata o 31 de agosto en horario de luns a venres e de 9:00 a 14:30.

Fuck Comics é un colectivo vigués de estilo urbano e underground que edita desde 2006 un Fanzine co mesmo nome. Hoxe en día aglutina a máis de quince creadores, entre os 18 e os 30 anos, e algún dos seus membros dedícanse profesionalmente ao mundo do cómic e a ilustración. O fanzine réxese por unha única norma: divertirse e divertir a partir dunha estética urbana, nova e cómica. Pode conseguirse en bares, en tendas de cómic e en librerías, e ademais das tiras de todos eles, inclúe unha sección musical con reseñas, Fucking Noise
Descargar todas as imaxes