Escoitar

Príncipe mantén que o cambio cultural é o cambio da cidade

martes, 2 out 2001
imx623.jpg
Carlos Príncipe e Manel Fernández
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, anunciou hoxe que o 23 de outubro do próximo ano é a data prevista para inaugurar o Museo de Arte Contemporánea, no decurso dunha conferencia sobre ”Vigo un espacio cultural” organizada por CC.OO., e patrocinada pola Concellería de Participación Cidadá.

O concelleiro tamén anunciou que está previsto realizar nas instalacións do futuro museo unha festa o próximo 7 de febreiro e que durante o mes de marzo do vindeiro ano todos os nenos e nenas de Vigo poderán visitalo e participar nunha actividade didáctica.

Na conferencia destacouse que Vigo debe aproveitar o seu dinamismo económico e social para acadar maiores espacios de calidade e identidade cívica. Neste camiño a oferta cultural é unha peza fundamental que debe unificar e identificar a nosa cidade.

O concelleiro subliñou que ”o cambio cultural é o cambio da cidade, xa que a industria do coñecemento é a industria do futuro”. Príncipe manifestou que o modelo cultural da súa concellería pasa por garantizar a liberdade, a pluralidade e a calidade.
Descargar todas as imaxes