Escoitar

Esta semana principia a segunda fase das obras de reparación da bancada de Río de Balaídos

martes, 2 out 2001
imx621.jpg
Estadio
Esta semana comezarán as obras correspondentes á segunda fase do proxecto de reparación dos desperfectos da bancada de Río, no estadio de Balaídos. As tarefas que se van acometer nos próximos días son a renovación dos canalóns, a substitución das chapas de metal da cuberta que están en mal estado de conservación e a reforma das varandas das escaleiras.

Con estes traballos completarase o proxecto realizado polo Concello para garantir a seguridade dos afeccionados que acoden ao estadio e para evitar as molestias das pingueiras na bancada de Río. Con anterioridade reforzouse toda a estructura da cuberta. O Concello investiu na obra 25 millóns de pesetas.


Descargar todas as imaxes