Escoitar

O Coruxo FC levará esta tempada o logo do Concello de Vigo na camiseta

O alcalde recibiu este venres ao presidente, adestrador e algúns xogadores do Coruxo FC, da 2ªB, entidade que levará esta tempada 2014-2015 a imaxe institucional do Concello de Vigo no frontal das súas camisetas, como apoio da administración local ao club. Caballero desexoulle sorte ao club na consecución dos seus obxectivos, de cara á nova campaña futbolística que comeza.

venres, 22 ago 2014
1408710716coruxo.JPG
Descargar todas as imaxes