Escoitar

A décimo segunda edición da Boot Camp reunirá en Samil a 2.000 deportistas

Abel Caballero achegouse esta mañá a Samil para visitar a montaxe da décimo segunda edición da Boot Camp que se celebrará o domingo 4 de outubro. Trátase dunha proba que puntúa para os campionatos de España e do mundo e que contará cuns 2.000 participantes aproximadamente. O 42% dos deportistas son mulleres, unha porcentaxe que no ano 2018 se situaba no 18%. A loxística do evento require 5 días de montaxe coa participación de 150 persoas.

luns, 28 set 2026
Descargar todas as imaxes