Escoitar

O alcalde destaca os avances dos coches eléctricos na apertura da Semana Europea da Mobilidade

Abel Caballero apuntou hoxe a evolución en autonomía, comodidade e tecnoloxía dos modelos das distintas marchas que exhiben as súas novidades na exposición despregada na Porta do Sol pola Asociación Española de Automóbiles Ecolóxicos. “Estamos nunha dimensión distinta da mobilidade ecolóxica”, afirmou o rexedor ao recalcar o “salto xigantesco” do sector con vehículos que contan cunha autonomía de 1.200 quilómetros. “A mobilidade ecolóxica é a salvación da humanidade” incidiu ao lembrar a transcendencia da seca que padece a cidade.

mércores, 16 set 2026
Descargar todas as imaxes