O prazo para solicitar as bolsas de comedor estenderase desde o luns 6 de abril ata o 4 de maio
O luns 6 de abril abrirase o período para solicitar as becas de comedor e de libros, un prazo que permanecerá aberto ata o 4 de maio. Este curso, o Concello reforza o compromiso social cun aumento de más do 50% nestas axudas e novas axudas para libros. Xa se pode solicitar cita na páxina web municipal.
Abel Caballero avanzou esta mañá que o período para solicitar as bolsas de libros e comedor estará aberto desde o 6 de abril ata o 4 de maio. Tal e como explicou, esta convocatoria foi activada de maneira inmediata tras o peche do período de demanda de praza nos centros educativos, co obxectivo de garantir que as axudas estean resoltas antes do inicio do próximo curso escolar. As citas xa se poden reservar a través da páxina web municipal.
O Concello incrementou o importe desta bolsa ante o encarecemento do custo de vida nun 55%, pasando dos 45 euros mensuais deste curso aos 70 euros mensuais cara o próximo ano escolar. Cun importe inicial de case 2,3 millóns, as axudas están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, abarcando Educación Infantil, Primaria e ESO. Todas as persoas que cumpran os requisitos e soliciten a bolsa, téñena asegurada, non hai listas de agarda nin límite orzamentario.
Respecto das bolsas de libros, estas axudas contarán cun orzamento de 135 mil euros e están destinadas ao alumando de entre 3 e 5 anos (Educación Infantil). O presente curso outorgáronse 1.443 axudas de libros, 154 máis que o ano anterior.