A exposición de Barreiro “Vigo. Luz e cor” permanecerá na Casa das Artes ata o 26 de abril
Caballero participou esta tarde na inauguración de “Vigo. Luz e cor” que permanecerá na Casa das Artes ata o 26 de abril. Trátase dunha mostra de Barreiro que aglutina pinturas de circo, músicos, bodegóns ou paisaxes urbanas dun dos “grandes artistas da historia de Galicia e moi conectado coa cidade”.
“Vigo. Luz e cor” reúne pinturas de escenas de circo, músicos, bodegóns e paisaxes urbanas, composicións vinculadas ao mar e á viaxe. Ademais exhibe o motivo da xanela, entendido como símbolo de conexión entre o mundo interior e o mundo exterior de José María Barreiro. A mostra que poderá visitarse na Casa das Artes desde hoxe ata o vindeiro 26 de abril, trátase dunha “gran exposición, obra dun mestre da pintura inigualable” e convidou a toda a cidade a gozar da pintura de Barreiro, da súa obra e do seu arte.
Tal e como apuntou Caballero, Vigo constitúe un eixo fundamental na obra de Barreiro, polas súas condicións urbanas e pola súa xeografía, que analiza nas pinturas, así como pola permanencia do artista na cidade, onde ten taller desde o ano 1964. José María Barreiro integrouse de forma precoz nos ambientes culturais vigueses, estableceu relación con Lugrís e Laxeiro e, tras unha estancia de catro anos en Bos Aires, regresa a Vigo en 1974 consolidando un universo pictórico no que destaca o predominio da cor.