Escoitar

O Concello contrata a xestión das escolas infantís de Lavadores e de Costeira-Saiáns por máis de 2,4 millóns

Na Xunta de Goberno do pasado venres tamén se aprobaron subvencións para a organización e difusión de actos sociais e encontros veciñais neste ano.

luns, 24 nov 2025

Abel Caballero explicou esta mañá que “aprobamos a contratación da xestión das escolas infantís de Lavadores e Costeira Saiáns por máis de 2,4 millóns”. Abrangue un período de 4 anos, o que significa que estará “por riba dos 600.000 € anuais de subvención”. “As escolas infantís do Concello son a custe cero para as familias”, cunha dedicación anual de 2,6 millóns para “todas as nenas e todos os nenos sexan atendidos cunha calidade excepcional”

Subvencións para encontros veciñais

Na Xunta de Goberno do pasado venres tamén se aprobaron subvencións para a organización e difusión de actos sociais e encontros veciñais neste ano. Conta cun importe de 60.230 € para 30 entidades “co obxecto de fomentar o asociacionismo, a participación cidadá e reforzar a capacidade de actuar do músculo civil da cidade de Vigo”. As axudas son para gastos correntes dos servizos de montaxe, gastos da organización, gastos de deseño e gastos de alugueiro que eventualmente necesiten para o desenvolvemento das súas actividades.

 

Descargar todas as imaxes