Escoitar

O alcalde reclama a Xunta e Deputación que financien o retranqueo dos colectores situados fronte á grada de Tribuna

O Concello instará por carta ao ente autonómico e ao provincial a habilitar nos seus orzamentos de 2026 senllas partidas de 1,5 millóns de euros para financiar un terzo da obra que “custará entre 3 e 5 millóns de euros”. Caballero recriminou “toda a obra que fixemos en Balaídos pagouna o Concello e a Deputación. A Xunta nada”.

luns, 3 nov 2025

Abel Caballero enviou unha carta á Xunta e á Deputación de Pontevedra para que colaboren no financiamento para retranquear 30 metros os colectores situados fronte á grada de Tribuna; unha actuación que “custará entre 3 e 5 millóns de euros”. O rexedor solicita un pago a terzos, no que cada administración habilite 1,5 millóns a cargo dos seus orzamentos.

Esta reforma permitirá executar a ampliación do graderío de Tribuna, para que o estadio municipal de Balaídos alcance os 43.000 espectadores e sexa sede do Mundial 2030. O rexedor aproveitou para recriminar o papel da Xunta de Galicia, xa que “toda a obra que fixemos en Balaídos pagouna o Concello e a Deputación. A Xunta nada”. Tamén sinalou que Alfonso Rueda concedeu esta este fin de semana “unha entrevista feita dende Coruña, na que puxo todas as pegas á candidatura de Vigo”.

Descargar todas as imaxes