Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o concerto homenaxe a Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas

O alcalde adquire o compromiso co Consello da Cultura Galega de ceder este espazo para a celebración do recital na cidade natal de Begoña Caamaño, xornalista e escritora homenaxeada este ano.

luns, 3 nov 2025

Abel Caballero reuniuse este luns con Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; con Alejo Amoedo Portela, membro do Plenario do CCG e con Marcelino X. Fernández Santiago, xerente do Consello, para abordar a celebración do Día das Letras Galegas en Vigo.

A Real Academia Galega dedicará o Día este ano 2026 á xornalista e escritora Begoña Caamaño, nacida en Vigo no ano 1964 e falecida en Santiago de Compostela no 2014 e, como cada ano, a cidade natal da persoa homenaxeada acollerá un concerto homenaxe.

O rexedor comprometeuse a poñer a disposición da celebración o Auditorio Mar de Vigo para acoller un “grande concerto e teremos unha extraordinaria celebración e recoñecemento a Begoña desde Vigo, desde a cidade que a viu nacer”.

Descargar todas as imaxes