Escoitar

Vigo avanza na reconversión do Verbum no Museo da Historia de Vigo

“Queremos que sexa una signo máis da identidade e autoestima da nosa cidade”, dixo alcalde. O 31 de agosto comeza a desmontaxe do andar superior para iniciar a súa reforma integral.

luns, 25 ago 2025

Está previsto que o Museo da Historia de Vigo conte con espazos para arqueoloxía e a historia, incidindo nos grandes fitos da cidade. Abel Caballero informou que unha comisión de profesionais están a elaborar os textos para a redacción do proxecto cos feitos máis destacados da historia de Vigo.

“A creación deste novo espazo museístico require dun tempo, pero imos ir facendo exposicións temporais cos acontecementos históricos máis importante hasta que definitivamente abramos o Museo da Historia de Vigo”.

Caballero quere que o Museo da Historia de Vigo sexa un signo máis para a identidade e autoestima da cidade.

Actuacións dos bombeiros na fin de semana

“Somos capaces de manter a seguridade total na cidade e, ao mesmo tempo, ser solidarios co resto de Galicia”, sinalou o rexedor esta mañá tras actualizar as actuacións dos bombeiros da cidade. Destaca entre as saídas do fin de semana un pequeno conato de incendio en Fragoselo, o venres, e a extinción de outro o sábado na estrada de San Cibrán en Bembrive, que como indicou Caballero, “os bombeiros sospeitan que foi intencionado”.

Descargar todas as imaxes