Escoitar

O alcalde visita o parque infantil de Miranaia en Lavadores, renovado con 153.000 euros

O Concello vén de investir máis de 153.000 euros na renovación completa do parque infantil situado en Lavadores, que conta con espazo de xogo e unha zona de intercambio de libros.

mércores, 13 ago 2025

Abel Caballero avanzou hoxe que Lavadores sumará novos proxectos do Concello de Vigo tras a renovación total do parque de xogos infantil Miranaia e a instalación de ramplas mecánicas por máis de 4,1 millóns de euros. “É a nosa atención a Lavadores e, por certo, seguiremos e haberá sorpresas en Lavadores”, indicou.

O alcalde destacou que entre os novos xogos instalados na zona de lecer de Miranaia atópanse unha torre de xogos múltiples, catro randeeiras dobres e sinxelas, un carrusel, unha cama elástica, así como un panel lúdico e a figura dun caracol en tres dimensións.

O rexedor recalcou que na zona de Ramón Nieto, na área de Gandarón e o colexio Losada, o Concello levou a cabo melloras como as de instalación das ramplas mecánicas por 2,3 millóns de euros, ademais de 1,8 millóns nas que facilitan o acceso ao centro de saúde.

Descargar todas as imaxes