O Concello asumirá a renovación da cuberta do Ceip Chans Bembrive ante “inacción da Xunta”
Un día despois de anunciar que o Concello renovará a cuberta do Ceip Celso Emilio Ferreiro, Caballero avanzou que asumirá unha obra similar no Chans Bembrive. O alcalde acusou á Xunta de non exercer a súas competencias en materia educativa.

Abel Caballero avanzou que será o goberno local o que asuma o cambio da cuberta do colexio Chans Bembrive ante as "serias deficiencias" que presenta. "As nenas e os nenos, as profesoras e profesores neste colexio teñen que soportar o risco de saúde do amianto e a choiva", advertiu antes de censurar o "absoluto derroche de inacción" e "derroche de incompetencia" por parte da Xunta de Galicia. En verbas de Caballero, o goberno autonómico "négase a actuar" no CEIP Chans Bembrive e será o Concello o que actúe "pola vía de emerxencia", pese a que é "obriga e competencia" autonómica.
Onte mesmo, o rexedor tamén deu conta da intención do goberno local de renovar a cuberta do CEIP Celso Emilio Ferreiro, pese a que non lle corresponde nin é competencia municipal.