Escoitar

O goberno de Vigo contrata a supervisión da montaxe e desmonte do Nadal

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á adxudicación da contratación do servizo de supervisión dos traballos de montaxe, desmonte e mantemento dos diferentes elementos que conforman a iluminación e decoración do Nadal.

venres, 4 abr 2025
Imaxe de arquivo do Nadal
Imaxe de arquivo do Nadal

“Traballamos polo Nadal que é o fenómeno turístico emerxente más importante de Europa”. Abel Caballero explicou que o goberno municipal destina 47.000 euros para supervisar a iluminación decorativa, os sets decorativos, a ornamentación vexetal e non vexetal, o Belén, o servizo de megafonía e os mercados de Nadal, tanto o Cíes Market situado na Praza de Compostela como o do Calvario.

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a adxudicación da contratación do servizo de supervisión dos traballos de montaxe, desmonte e mantemento da iluminación e da decoración de Nadal para as campañas 2024-2025 e 2025-2026.

Orquestra Vigo 430

O goberno municipal vén de dar luz verde á subvención para a Asociación Orquestra Vigo V430 que ten un importe de 150.000 euros e que servirá para apoiar o programa de seis concertos organizados ata o mes de maio para conmemorar o 20 aniversario da formación. O alcalde valorou a subvención do Concello ás dúas orquestras sinfónicas que hai en Vigo e que non contan con apoio da Xunta de Galicia.

Descargar todas as imaxes