Escoitar

Vigo celebra a Reconquista con música, baile e festa na rúa

A cidade engalánase esta fin de semana para celebrar a súa festa histórica, a "romería urbana máis importante de Galicia" en palabras do alcalde, rememorando a expulsión das tropas francesas por parte das viguesas e vigueses en 1809. O Casco Vello da cidade énchese con postos de mercado, gastronomía, música, baile e representacións teatrais. Este venres, o Concello organiza o acto institucional de lectura do pregón, a cargo de Óscar Vladimir Vallejo Torres, Fiscal Xefe da Fiscalía da Área de Vigo. Será na Praza da Independencia ás 12:00 horas.

xoves, 27 mar 2025
Foto de arquivo da recreación da expulsión das tropas napoleónicas
Foto de arquivo da recreación da expulsión das tropas napoleónicas

Programa da Festa da Reconquista para esta fin de semana:

Venres 28 de Marzo

11:00 h Apertura Mercado tradicional

11:15 h Apertura da zona infantil (Praza do Berbés)

11:30 h Ruada de Gaiteir@s

11:30 h Foliada infantil, no Berbés (organiza AF Tarambainas)

11:30 h Apertura de Torreiros

12:00 h Ruada de Gaiteir@s

12:30 h Ruada de Gaiteir@s

13:00 h Ruada de Gaiteir@s

12:00 h Actuación do Mago Cali no Torreiro da praza dos Ratos

12:30 h Actuación no Torreiro Estrella Galicia

12:30 h Actuación de “Orfeón Mariñeiro do Berbés” Torreiro da Porta do Sol

13:00h Obradoiro de Baile, Torreiro de Eduardo Chao (Organiza A Buxaina)

13:30 h Ruada de Gaiteir@s

14:00 h Ruada de Gaiteir@s

15:30 h Ruada de Gaiteir@s

17:30 h Ruada do Trebón do Berbés

18:00 h Asalto o carro na praza do Berbés

18:00 h Actuación da banda de Gaitas da ETRAD, no Torreiro da Porta do Sol

18:30 h Actuación de Ce Orquesta Fantasma no Torreiro da Praza dos Ratos

19:00 h Ruada de Gaiteir@s

20:00 h Ruada de Gaiteir@s

20:30 h Ruada de Gaiteir@s

21:00 h Actuación “Barro Negro” no Torreiro Estrella Galicia

(Paseo de alfonso)

21:30 h Actuación de Falperrys, Torreiro da Porta do Sol

21:30 h Actuación no Torreiro do Berbés

23:30 h Peche do mercado

 

Sábado 29 de marzo

11:00 h Mercado tradicional

11:15 h apertura da zona infantil (Praza do Berbés)

11:30 h Foliada infantil, no Paseo de Alfonso (organiza AF O Fiadeiro)

12:00 h Ruada de Gaiteir@s

12:00 h Actuación Infantil no Torreiro da praza dos Ratos

12:30 h Actuación Escola Baile Tradicional da AVC Casco Vello

no Torreiro do Berbés

12:30 h Actuación “Banda de Zanfonas da ETRAD” no Torreiro da Porta do Sol

13:00h Obradoiro de Baile, Torreiro de Eduardo Chao (Organiza A Buxaina)

13:00h Ruada de Gaiteir@s

13:15 h Actuación de Tino Baz no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de alfonso)

15:30 h Ruada de Gaiteir@s

16:00 h Obradoiro de Danzas do Mundo, no Torreiro do Berbés

17:00 h Actuación de “Leo Arremecagho” no Torreiro da Prazo dos Ratos

17:30 h Actuación Títeres no Torreiro da Porta do Sol

18:00 h Asalto o carro de suministros no Paseo de Alfonso

18:30 h Ruada de Gaiteir@s

19:00 h Actuación de Ferriñas Bravas, Mouchiñas e Caramuxos do Fiadeiro

no torreiro do Berbés

19:30 h Regueifas no Torreiro da Praza dos Ratos

20:00 h Ruada de Gaiteir@s

20:30 h Ruada de Gaiteir@s

21.00 h Actuación Pandereteiras Ferreñas da Oliveira da AVC Casco Vello

no Torreiro da Praza dos Ratos

21:00 h Actuación de “Tarambainas” no Torreiro do Berbés

21:00 h Actuación de “SUN IOU” no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de Alfonso)

21:30 h Actuación de “Tres Pesos”, no Torreiro da Porta do Sol

23:30 h Peche do mercado

 

Domingo 30 de marzo - Reconquista da Vila de Vigo

11:00 h Apertura do Mercado tradicional

11:15 h Apertura zona infantil (Praza do Berbés)

11:30 h Saída de “peixeiras” Torreiro da Pedra

11:30 h Saída “verduleiras” e “rosquilleiras” Torreiro da Praza dos Ratos

11:30 h Ruada da Treboada do Baixo Miño, saída dende o Berbés

12:00 h Actuación de baile tradicional praza do Berbés

12:00 h Ruada de Gaiteir@s

12:00 h Actuación Gaiteiros Arrulikados no Torreiro da praza dos Ratos

12:00 h Actuación “Unto Vello “no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de Alfonso)

12:30 h Actuación de “Cantares do Brión” no Torreiro da Porta do Sol

12:30 h Actuación infantil no Berbés

12:30 h Ruada de Gaiteir@s

13:00 h Ruada de gaiteir@s

13:00 h Saída do Enterrador dende a Praza dos Ratos

15:30 h Ruada de Gaiteir@s

16:30 h Saída da Banda de Gaitas do Casco Vello, Praza dos Ratos

17:00 h Saída da Milicia e Alarmas dende a Praza do Berbés

18:00 h Reconquista da Vila de Vigo

Comezo na Porta do Sol

19:30 h Ruada de Gaiteir@s

20:00 h Ruada de Gaiteir@s

21:00 h Fin de Festa

Descargar todas as imaxes