O Concello abre o prazo para participar no campamento de Semana Santa do programa “Vigo Inclusivo”
O Concello abre este mércores o prazo para participar nas actividades organizadas no campamento de Semana Santa do programa “Vigo Inclusivo”. “Tentamos favorecer a educación non formal, o desenvolvemento integral das persoas con diversidade funcional e permitir a conciliación familiar”, lembrou o alcalde.

Abel Caballero anunciou hoxe o campamento de Semana Santa do programa “Vigo Inclusivo”, destinado a persoas con diversidade funcional, que se desenvolverá os días 14,15,16 e 21 de abril no Verbum.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o xoves 3 de abril, a través do rexistro municipal.
O alcalde apuntou que o programa do campamento, de catro días de duración, inclúe actividades culturais, inclusivas, lúdicas e excursións.