Escoitar

O goberno municipal adxudica a humanización e instalación de ramplas en Pintor Lugrís

A obra que vén de recibir a luz verde da Xunta de Goberno Local conta cun orzamento de 1.594.000 euros e permitirá a renovación integral de pavimentos e servizos así como a ampliación do espazo peonil.

mércores, 26 mar 2025

“Unha nova rúa humanizada e con ramplas mecánicas para o uso e a mellor calidade de vida da xente de Vigo”, avanzou o rexedor sobre o resultado das obras que se veñen de adxudicar.

A actuación na rúa Pintor Lugrís, entre Álvaro Cunqueiro e López Mora, conta cun orzamento de 1.594.000 euros e un prazo estimado de execución de 12 meses e comprende a instalación de dúas ramplas mecánicas duns 120 metros de lonxitude, a renovación íntegra de pavimentos e servizos, a ampliación do espazo de uso peonil en 893 metros e a instalación de novo mobiliario urbano.

Amais, o Concello instalará un panel informativo coa reprodución da obra de Lugrís “Vista de Vigo”, na rúa que pasará a dispoñer de novas zonas axardinadas, con 29 árbores novas de distintas especies, a renovación da rede de abastecemento e saneamento e nova iluminación eficiente.

Descargar todas as imaxes