O Concello dedica case 6 millóns de euros ao mantemento dos centros docentes
O Concello dedica este ano preto de seis millóns de euros ao mantemento dos colexios públicos e escolas municipais de Vigo, segundo sinalou hoxe o alcalde de Vigo ao indicar que só ao servizo de prevención e control da lexionela se destinan 182.000 euros ata abril de 2028.

Abel Caballero explicou este martes que a administración municipal realiza traballos de prevención e control nun total de 61 centros docentes da cidade que conlevan un investimento anual de 62.000 euros.
Entre as accións que se realizan ao longo de todo o ano nos centros educativos atópase unha desinfección e limpeza, así como tres revisións trimestrais, catro analíticas de legionelosis, ademais da actualización dos plans de prevención.
“Estamos moi atentos a todo o que ten que ver coa saúde, a limpeza, a seguridade, a desinfección e o control de todo o que ten que ver” coa comunidade educativa, afirmou o alcalde.