Escoitar

O Concello achega a poesía a través da música a 275 estudantes na primeira xornada "Vigo, entre notas e versos"

Abel Caballero animou hoxe aos primeiros 275 alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria e de primeiro e segundo de Educación Secundaria, que participan no Auditorio Municipal na primeira das tres xornadas "Vigo, entre notas e versos", a afondar no coñecemento da obra dos autores seleccionados polo escritor Antonio García Teijeiro e o intérprete musical Alberto Cunha. A iniciativa didáctica, organizada con motivo da celebración, o día 21, do Día Mundial da Poesía, achegará ao alumnado de Vigo, desde hoxe ata o xoves 20, a autores emblemáticos como García Lorca ou Rosalía de Castro.

martes, 18 mar 2025
Descargar todas as imaxes