Escoitar

O alumnado do CEIP O Pombal percorre a historia da cidade co programa "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025"

O alcalde saudou este martes aos 44 alumnos de sexto de primaria do CEIP plurilingüe O Pombal que, dentro do programa educativo "Aventura no Vigo Vello- Reconquista 2025", profundaron os seus coñecementos na historia de Vigo visitando os puntos chave onde en 1809 a cidadanía de Vigo recuperou a cidade do dominio das tropas napoleónicas. Caballero animou ao estudantado a gozar do itinerario histórico que rememora unha importante xesta protagonizada pola cidadanía viguesa. O Concello programou 20 visitas ao Casco Vello no que participarán 1.000 alumnas e alumnos.

martes, 18 mar 2025
Descargar todas as imaxes