O CEIP Frián percorre as dependencias municipais no programa didáctico "Visita o teu Concello"
Os 38 alumnos de sexto de Educación Primaria do CEIP Frián que percorreron hoxe as instalacións municipais, dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello", tras ser recibidos na lonxa polo alcalde e a concelleira de Educación, foron informados por Abel Caballero sobre a incidencia das decisións que se adoptan no Concello polo Goberno en todas as facetas das actividades de Vigo, desde a limpeza das rúas ás becas escolares. O rexedor animou ao estudantado a prepararse e estudar para ocuparse no futuro do benestar da cidadanía de Vigo.
