Escoitar

Caballero anima á cidadanía a asistir no IFEVI a XVII edición de Galiexpo Motor Show

O Instituto Feiral de Vigo acollerá do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro a XVII edición de Galiexpo Motor Show, que contará con 100 expositores e numerosas actividades. “Quero que toda a cidade suba ao IFEVI, e dicirlle a toda a cidade que merece a pena visitar a feira e gozar das exhibicións”, afirmou o alcalde.

venres, 17 xan 2025

Abel Caballero presentou este venres a décimo sexta edición de Galiexpo Motor Show, que se despregará en 30.000 metros do Instituto Feiral de Vigo desde o venres 31 de xaneiro ata o domingo 2 de febreiro.

O rexedor animou á cidadanía para asistir á nova cita feiral que acolle actividades de Fórmula 1, superdeportivos, tunning, motos, 4x4, ademais da exhibición de Drift Indoor con coches de máis de 440 cabalos derrapando.

Caballero agradeceu aos organizadores o esforzo realizado para manter a feira referencia do sector “porque volveis a poñer a Vigo no mapa de Europa”.

Actividades

Joaquín Portabales, organizador da feira, destacou a presenza, o venres 31, do economista Emilio Duró, de “Mentes expertas”, que protagonizará unha conferencia motivacional e contará cun aforo limitado a 500 personas.

Entre os 100 expositores confirmados, destaca a presenza dunha empresa de unha empresa da india, indicou Portabales.

Os organizadores, tras animar a asistir á “festa do motor”, agradeceron ao Concello a colaboración económica que propicia que a entrada teña un custo de 10 euros.

Descargar todas as imaxes