Escoitar

Arrinca o X Trofeo de Pádel Concello de Vigo

O alcalde informou esta mañá que o trofeo vai disputarse entre o 28 de xuño e o 7 de xullo nos complexos municipais de Navia e Barreiro. "Este ano estamos por enriba dos 600 inscritos e con categorías para todos os niveis", recalcou, sinalando que tamén competirán xogadores e xogadoras de elite de toda Galicia. O sábado 29 de xuño disputarán o torneo máis de 100 cativos e cativas, en Barreiro.

xoves, 27 xuñ 2024
Descargar todas as imaxes