Caballero constata co presidente de ADIF o avance da liña Vigo-Ourense por Cerdedo
O alcalde reuniuse co presidente de ADIF, Ángel Contreras, para seguir avanzando na liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, que finalizou o estudo hidroxeolóxico co estudo complementario solicitado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. “Agora o Ministerio de Transportes está na tramitación do estudo informativo adaptado ao hidroxeolóxico”, explicou Abel Caballero amosando a súa satisfacción.

Novo avance na liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo. Abel Caballero constatou nunha xuntanza co presidente de ADIF, Ángel Contreras, o fin do estudo hidroxeolóxico coa incorporación do estudo complementario que demandaba a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Agora o documento xa está en mans do Ministerio de Transportes, que terá que tramitar un estudo informativo complementario para adaptalo ao novo informe hidroxeolóxico.
“Isto é un novo paso e un gran avance para a cidade de Vigo”, manifestou con satisfación o rexedor, que proximamente manterá unha reunión co secretario de Estado de Transportes para afondar nesta cuestión.
Para Caballero, “ADIF cumpriu co compromiso de levar adiante o estudo hidroxeolóxico, comezou con Isabel Pardo de Vera e remata co actual presidente de ADIF”.

