O Concello de Vigo paga aos provedores nun período medio de 9 días
Abel Caballero puxo en valor este mércores a xestión municipal na área de Facenda cualificando a Vigo como un concello “gran pagador” xa que aboa as facturas aos provedores nun período medio de 9 días e mantén “débeda cero”.
O goberno que preside Abel Caballero conseguiu neste último mandato aprobar o décimo sétimo orzamento consecutivo, que acada un importe total de 363 millóns de euros para este ano 2024. Así, salientou que Vigo sexa “o primeiro gran municipio de Europa con débeda cero” mantendo a presión fiscal máis baixa de Galicia.
Unha das accións que destacou da xestión municipal ao longo deste último ano é a gratuidade do teléfono de información municipal 010: “quero que se use porque é un moi bo sistema de comunicación” e agora ofrece mellor servizo ás persoas con discapacidade auditiva e permite a tradución multilingüe ao permitir a atención en linguaxe de signos.
Emprego
Da acción desenvolvida na área de Emprego, destacou o rexedor no balance realizando esta mañá, os plans de emprego keynesiado de obras municipais que suma 3.000 traballadores e o asesoramento a máis de 1.000 pequenas e medianas empresas.
Medio Ambiente
“Somos a cidade de España con máis bandeiras azuis” (12 bandeiras e 5 sendeiros azuis), apuntou Caballero ao repasar a acción de goberno na área de Medio Ambiente, e isto é posible, engadiu, “porque sendo Elena Espinosa ministra fixemos a depuradora” e “estamos facendo a nova ETAP do Casal” cun investimento de 23 millóns de euros, pagados polo Concello.
O alcalde referiuse tamén a VigoNature que iniciou xa “o cambio dun vello e cruel zoolóxico nun aula da natureza para que a mocidade aprenda e participe en campamentos e actividades. Non se poden ter animais salvaxes en catividade”, sinalou.