Escoitar

O goberno de Vigo mantén o servizo nocturno de paradas a demanda para mulleres

Abel Caballero lembrou que segue activa esta prestación do servizo de transporte urbano que ten como finalidade “incrementar a seguridade das mulleres que viaxan soas na cidade”.

martes, 18 xuñ 2024

O goberno municipal segue a ofrecer dentro do transporte público urbano o servizo de paradas a demanda dirixido a mulleres que viaxan soas. Tal e como explicou o rexedor, este servizo está dispoñible todos os días do ano entre as 22:30 e as 06:30 horas da mañá e permite ás mulleres que viaxan soas solicitar o punto de baixada que desexen entre as paradas do percorrido.

“Queremos que poidan parar o máis preto posible do seu domicilio e soamente teñen que dicirllo á condutora ou ao condutor do autobús”, así “tratamos de incrementar a seguridade das mulleres na cidade”, sinalou Caballero.

TAC! Festival de Arquitectura Urbana

O Concello segue co desenvolvemento da programación do TAC! Festival que inclúe de, luns a venres uns talleres de avellentamento activo organizados na batea de Porta do Sol. Trátase dunha actividade interxeracional aberta a todas as persoas que se queiran sumar a facer exercicio físico, bailar, cantar ou rir.

A programación deste martes na Porta do Sol inclúe un concerto de Mayeusis Conexions Folk, pola mañá, e pola tarde, ás 19,00 horas, representación de “Nubes" da Escola Municipal de Teatro e, ás 20,00 horas, a ctuación de “Combos” da Escola Municipal de Música.

 

Descargar todas as imaxes