Escoitar

O luns abre o prazo para os campus de Vigo Inclusivo

O Concello oferta máis de 240 prazas en campus para persoas con diversidade funcional. “Favorecemos a educación non formal, o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional e a conciliación familiar”, dixo o alcalde.

sábado, 25 mai 2024

O luns abre o prazo para solicitar praza nos campus do programa municipal Vigo Inclusivo para persoas con diversidade funcional. O programa inclúe a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de obradoiros e actividades específicas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño.

Abel Caballero indicou que haberá 240 prazas nos campamentos do Verbum e San Francisco, amais de ter un número de prazas nos campamentos de Xuventude.

A finalidade deste programa, ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e Nadal).

Descargar todas as imaxes