Escoitar

As escaleiras mecánicas de Porta do Sol amplían o seu horario os sábados ata ás 02:00h

O alcalde anunciou a ampliación do horario das escaleiras de Porta do Sol que funcionarán os sábados ata as 02,00 h. Este incremento súmase ao do ascensor HALO que desde hoxe adapta a súa operativa ás saídas e chegadas dos trens.

mércores, 8 mai 2024

As escaleiras mecánicas que unen Porta do Sol co Paseo de Granada funcionarán os sábados ata ás 02,00 h ampliando, deste xeito, unha hora o seu tempo de funcionamento e atendendo así unha demanda da cidadanía. Esta ampliación sumase á do ascensor HALO que desde hoxe estende o seu horario de utilización. Deste xeito, o elevador que une a zona do Areal coa estación de Urzáiz e Vía Norte pasa a estar operativo desde as 5:30 da mañá ata as 00:30 horas de domingo a xoves. Os venres, sábados e vésperas de festivo o HALO funcionará entre as 5:30 e as 02:00 horas.

Tal e como explicou o rexedor, estes novos horarios permiten atender a saídas e chegadas de todos os tren á estación de Urzáiz e a afluencia de máis persoas á zona as fins de semana, cubrindo unha parte do ocio nocturno.

Ascensor

O Concello anuncia que o ascensor da Praza da Estación de Vialia estará paralizado durante algúns días para solucionar danos provocados por actos de vandalismo.

Descargar todas as imaxes