Escoitar

Vigo becará a 100 estudantes da Escola Oficial de Idiomas para estudar no estranxeiro

O alcalde informou que a Xunta de Goberno aprobou as bases para a concesión de 100 becas para ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo para realizar estudos lingüísticos con estancias no estranxeiro. O goberno local investirá 175.000 euros.

venres, 5 abr 2024

Abel Caballero deu conta da aprobación das bases para a concesión de 100 becas aos estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo para realizar estudos lingüísticos con estancias no estranxeiro. O orzamento é de 175.000 euros.

O alcalde explicou que son “becas para a inmersión no país estranxeiro da lingua que os alumnos e alumnas estudan no centro vigués”. A contía de cada beca vai desde os 1.700 euros aos 2.200 euros por alumnos, en función do país elixido.

Convocaranse 50 prazas para Reino Unido e Irlanda, 11 en Francia, 8 en Alemaña e Austria, 15 en Italia, 4 en Portugal, 10 en Xapón e 2 en China. Caballero puxo de manifesto que as becas subvencionan a estancia durante dous semanas, gastos da viaxe, os cursos académicos, aloxamento e seguro médico.

Descargar todas as imaxes