Escoitar

Comeza a obra para a construción dunha “grande praza pública” en Hernán Cortés

O alcalde avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica este luns a aprobación inicial do proxecto de reparcelamento da rúa Hernán Cortés na súa confluencia con María Berdiales e Doutor Colmeiro Laforet.

luns, 25 mar 2024
Infografía da parcela
Infografía da parcela

Tal e como expuxo o rexedor “a zona está moi deteriorada e transformarémola nunha grande praza pública e daremos un mellor acceso e comunicación entre Hermán Cortés, Ecuador e Venezuela”.

Ao mesmo tempo o promotor da obra, que asume todos os gastos do proxecto, construirá 63 vivendas cunha altura máxima de 8 plantas. Os traballos deron comezo estes días polo que xa se atopa restrinxido o acceso polas beirarrúa de Hernán Cortés.

 

Descargar todas as imaxes