Escoitar

Febreiro pecha coa mellor ocupación hoteleira desde 2020

O alcalde deu conta dos datos de ocupación hoteleira do mes de febreiro, que cifrou nun 47%. O Auditorio Municipal acolleu pola mañá unha xuntanza con asociacións sen ánimo de lucro e ONGs para coñecer as bases da convocatoria municipal para a contratación de persoal.

luns, 4 mar 2024

Caballero cualificou de “excepcionais” os datos de ocupación hoteleira do mes de febreiro, que rexistran a súa cifra máis alta desde o ano 2020, concretamente un 47%.

“O 53% de turistas procedente do resto de España, o 26% internacionais e o 21% do resto de Galicia”, expresou o alcalde, que apunto ademais que, dentro dos internacionais, destaca a presencia do turismo de Portugal, cun 47%. Italia cun 6%, Reino Unido nun 5% e Francia cun 5%, tamén son datos significativos para o rexedor.

Emprego no tecido asociativo

O alcalde tamén deu conta da xuntanza coas asociacións sen ánimo de lucro e ONGs para informar das bases das axudas municipais á contratación que se desenvolveu no Auditorio Municipal. O Concello dedica 1.490.000 euros para favorecer o emprego no tecido asociativo.

“O ano pasado xeramos 200 postos de traballo e este ano serán máis co incremento do orzamento”, dixo o rexedor.

Descargar todas as imaxes