Escoitar

O Concello lánzase a liderar a transformación dixital de pequenas e medianas empresas con “Vigo dixital pemes”

A partir de hoxe queda aberto o prazo de inscrición para que directivos e responsables de equipos de pequenas e medianas empresas de Vigo reciban un curso gratuíto de 140 horas de formación en procesos de dixitalización, destinado a aumentar a competitividade das pemes. Así o anunciou este xoves a terceira tenente de alcalde, Elena Espinosa, ao presentar o proxecto “Vigo dixital pemes”, e avanzar que o obxectivo do goberno municipal é que a cidade “lidere o cambio dixital”.

xoves, 14 dec 2023
Elena Espinosa y Venancio Salcines
Elena Espinosa y Venancio Salcines

O Concello aliouse co Centro de Estudos Universitarios Superiores de Galicia, CESUGA e EF Business School, dirixidos por Venancio Salcines, por ser os adxudicatarios en Galicia, Asturias e o País Vasco, do programa “Xeración Dixital Pemes”, impulsado polo ministerio de Economía e financiado con fondos europeos Next Generation EU, para desenvolver o proxecto “Vigo dixital pemes” de formación de responsables de pequenas e medianas empresas, que servirá de panca na transformación dos seus negocios.

A terceira tenente de Alcaldía e concelleira de Emprego, Elena Espinosa, apuntou que a colaboración público-privada servirá para atender á demanda de novos modelos de negocio, nunha economía cada vez máis competitiva, a través da mellora da formación e capacitación en procesos dixitais dos responsables das empresas. “A transformación dixital das pemes do Concello de Vigo vai ser imprescindible para garantir e promover os niveis de rendibilidade, eficacia, crecemento e competitividade”, apuntou ao argumentar a transcendencia de capacitar aos directivos para que afronten os procesos de transformación das súas empresas. Espinosa chama ás pemes de Vigo a “non perder a oportunidade” de participar nunha formación a custo cero e con calidade educativa.

O presidente de CESUGA e ef bussines school, detallou que o curso, que comezará a impartirse o día 16 de febreiro de 2024, contará con 140 horas de formación mixta, xa que 40 serán presenciais e o resto en liña. Afirmou que se trata “do plan de formación máis ambicioso das últimas décadas”, e especialmente importante para as pemes ante a onda dixital.

Venancio Salcines destacou a “predisposición perfecta” achada no Concello, ao que cualificou como “aliado fundamental” , para poñer en marcha o proxecto “Vigo Dixital Pemes”. Indicou que o programa se dirixe a directivos sen formación dixital. Os interesados poden informarse a anotarse na ligazón http://vigodigitalpymes.com/

Elena Espinosa y Venancio Salcines
Descargar todas as imaxes