Escoitar

Caballero: “O goberno local respondeu á confianza que depositaron en nós os cidadáns hai dous anos”

Os dous primeiros anos deste cuarto mandato de Abel Caballero estiveron marcados pola pandemia á que o Concello fixo fronte cunha actuación integral, “respondendo á confianza que depositaron en nós os cidadáns”. Durante a presentación do balance de goberno, Caballero lembrou que o proxecto político que encabeza ten un apoio do 90% da cidadanía o que demostra que “Vigo marcha unido”. En todo caso e ao marxe da covid, estes dous anos tamén foron os da confirmación dos grandes proxectos pendentes na cidade como a saída sur, o AVE por Cerdedo ou a Biblioteca do Estado.

mércores, 26 mai 2021

O alcalde fixo esta mañá balance do que vai de mandato, unha vez transcorridos dous anos desde un resultado electoral “histórico” tras o que o goberno local estivo á altura das circunstancias do que mandatou o voto de 101.000 viguesas e vigueses. En dous anos de xestión dominados pola pandemia, o Concello fixo unha actuación integral con sanitaria e parasanitaria, social, vixiancia das normas e, sobre todo, puntualizou, “mantivemos alta a moral dos cidadáns, que tiveron un comportamento excepcional”. “Encabezo un proxecto político que ten o apoio do 90% da cidadanía o que significa que Vigo marcha unido e noso obxectivo debe ser permanecer así”. Neste punto, aproveitou para enviar un abrazo moi forte ás familias que perderon a algún ser querido pola covid e a todos aqueles que sufriron a enfermidade”.

Máis aló da xestión da pandemia, puntualizou, durante estes dous anos o goberno local foi quen de garantir a saída sur ferroviaria, xa irreversible, tal e como se constatou no cumio hispano luso; respecto do AVE, aclarou que en próximos días presentará -xunto coa presidenta de Adif – a primeira etapa do estudo hidroxeolóxico para ir directo por Cerdedo; tamén está en marcha a potabilizadora -pendente de informe da Xunta -; contratos compañías aéreas -freadas pola covid; xa está en proceso o túnel para a autovía a O Porriño; a Vía Verde; o paseo marítimo de Bouzas que xa está en licitación; o gran éxito das ramplas de Gran Vía; a Porta do Sol; a obra de Vialia -pola que o Concello recollerá mañá xoves un premio en Madrid; o ascensor do HALO; a Biblioteca do Estado; as bolsas de inglés, que permitirán que o ano que vén viaxen 3.000 estudantes (aqueles aos que lles corresponde por ano de nacemento e aqueles que terían que ter gozado da súa estadía en 2020 e 2021); a factoría de baterías para a Plisan -a pesar dos intentos da Xunta de instalala nalgún lugar do norte de Galicia; a fábrica de microchips, ou a planta de hidróxeno verde son algúns dos proxectos liderados por esta cidade para aspirar aos fondos Next Generation UE.

Tal e como enumerou, o Concello segue a avanzar moi rápido no PXOM, xa é imparable a tramitación do Barrio do Cura; a rehabilitación da Panificadora; o proxecto de paseo polo río Lagares; o Centro municipal de servizos socias da Praza da Princesa, a recuperación da Muralla do Castro, Villa Solita, o ENIL do Vao, 13 bandeiras azuis....Desde a área de Fomento, referiuse á apertura dos pavillóns de Río e Romil aos que se sumará en breve o de Quirós. O goberno local, dixo, proseguiu coas humanizacións: a Ronda don Bosco, o parque de Camilo José Cela, os patios dos colexios de Balaídos, Pintor Laxeiro e Rocío; a cuberta do túnel de Candeán, a Praza da Miñoca, o carril bici, campos de fútbol, incremento de achegas ao deporte de base; xeración de miles de postos de traballo, política cultural.

Desde o punto de vista das inversións, o Concello ten 120 millóns en marcha o que permitirá relanzar a economía de Vigo en 600 millóns o que suporá a xeración de miles de postos de traballo. Na súa intervención avanzou que en próximos días vaise reunir con responsables do sector hostaleiro para trasladarlles a novidades sobre a ordenanza de terrazas porque “este ano vai ser un bo verán para o turismo”.

Non esqueceu no seu relato a actuación prevista na Praza da Ingresa, ou o exemplo que é a cidade en transparencia na súa xestión. Rematou reivindicando a declaración que fixo a OCU declarando a Vigo como a urbe con maior calidade de vida de España.

 

Descargar todas as imaxes