Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 28 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello edita dúas novas entregas da serie "Toponimia do Val do Fragoso": Bembrive e Candeán

As parroquias de Bembrive e Candeán son as protagonistas das dúas novas entregas da colección "Toponimia do Val do Fragoso", editada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Ademais, xa comezou a redacción de dous novos libros correspondentes a Cabral e Zamáns.




O Concello de Vigo ven de editar dous novos libros da colección "Toponimia do Val do Fragoso". Trátase do volume 6 adicado a Bembrive e escrito por Marta Álvarez Pérez e o volume 7, que radiografía Candeán e coa autoría de Alfonso Rodríguez González.

O alcalde avanzou este luns en rolda de prensa que ademais xa están en redacción dous libros máis correspondentes ás parroquias de Cabral e Zamáns, e que está practicamente recollida a toponimia de Matamá e Valadares.

Os dous novos libros forman parte dunha colección ("Toponimia do Val de Fragoso") da que xa hai cinco volumes publicados en anos anteriores: Coia (Iván Sestay Martínez), Lavadores (Iván Sestay Martínez), Beade (Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza), Freixeiro e Sárdoma (Iván Sestay) e Comesaña (Anxo Rodríguez Lemos).

O traballo de recollida de toponimia faise entre a Universidade de Vigo e o Concello de Vigo despois de que no ano 2013 a Concellería de Normalización Lingüística asinara un protocolo de colaboración coas comunidades de montes de Cabral, Candeán, Comesaña e Zamáns, así como coa Entidade Menor de Bembrive para realizar este traballo.
Mais noticias
O goberno local subvenciona as aulas matinais e actividades extraescolares de 9.800 escolares
O Concello imparte un obradoiro de igualdade a alumnado de 21 centros educativos
Máis de 400 empresarias visibilizan e promoven a figura da muller no IV Congreso Empresarias Galicia
Xerencia de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003