Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


"Estase a resolver un problema urbanístico histórico desta cidade"

O Concello vén de conceder licencia de primeira ocupación ao edificio da Avenida de Samil 55, logo de que a propiedade fixera obras de adaptación e cumpra cos requisitos da normativa de apartamentos turísticos. O outro edificio da Avenida en situación similar, explicou Abel Caballero, tramita o seu permiso urbanístico pola mesma vía.




A licencia concedida á Xestora Apartamentos Samil 55 contempla un total de 48 apartamentos turísticos no edificio da Avenida de Samil 55, unha autorización que "pon fin a unha longa traxectoria para facer cumprir as leis", anotou o alcalde en rolda de prensa, cifrada en case que tres décadas.

Caballero explicou que é posible conceder a licencia porque a propiedade realizou as obras de adaptación do edificio que lle esixiu o Concello e agora adáptase á recente normativa de apartamentos turísticos. Ademais, os titulares urbanizaron a rúa colindante ao inmoble.

Na Avenida de Samil existe un segundo edificio de apartamentos que presenta a mesma problemática urbanística que o sito no número 55. Neste caso, avanzou Caballero, a propiedade está a tramitar a súa licencia de primeira ocupación pola mesma vía, en base á norma dos apartamentos turísticos.

"Con isto garántese o cumprimento da legalidade urbanística e das leis nos apartamentos da Avenida de Samil 55, a outra licenza está en tramitación, e se está a resolver un problema urbanístico histórico desta cidade", concluíu Caballero.
Mais noticias
O Concello remite o proxecto de centro de saúde de Bouzas á Xunta para informe de Patrimonio
Todos os alumnos que solicitaron o programa de Vigo en inglés conseguiron a súa bolsa
O Concello xa fixo a clasificación de ofertas do concurso para revisar e actualizar o PXOM
Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade
A primeira Volta Ciclista pola Ciencia arrinca en Vigo o luns e enlazará seis universidades ata Madrid
O goberno de Vigo celebra o "prestixio" do Maratón Fotográfico, que acada a súa 23ª edición


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003