Escoitar

O alcalde anima á cidade a gozar co baloncesto en cadeira de rodas esta fin de semana

O alcalde de Vigo participou este luns na presentación da Challenge Cup, a competición da Federación Internacional de Baloncesto en cadeira de rodas que se disputa en Vigo entre o 28 e o 30 de abril nos polideportivos municipais de Navia e Bouzas.

luns, 24 abr 2017
1493036038anfiv.JPG
Abel Caballero puxo en valor o "espectáculo de forza e de capacidade de superación" que ofrece o baloncesto en cadeira de rodas e que se poderá gozar esta fin de semana na cidade. Na presentación do evento deportivo, estivo acompañado por David Regades, segundo tenente de alcalde e deputado provincial, por José Antonio Beiro, presidente do Club Deportivo Amfiv, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

O Amfiv organiza por primeira vez a Challenge Cup, a cuarta competición da Federación Internacional de Baloncesto en cadeira de rodas, sendo a terceira vez que se encarga dunha fase final das copas de Europa trala Willi Brinkmann de 2006 e a André Vergauwen de 2009. A competición europea enfrontará a 18 equipos ao longo de tres días nos pavillóns municipais de Navia e Bouzas (Pavillón Pablo Beiro) con entrada de balde grazas ao patrocinio do Concello.

O Amfiv xogará enfrontarase na Challenge Cup con equipos de Holanda, Gran Bretaña, Francia, Turquía, Suíza, Alemaña e República Checa, nun campionato que mobilizará a medio cento de persoas para que a organización sexa perfecta e que contará co apoio de numerosos voluntarios do Baloncesto Seis do Nadal.

O rexedor agradeceu o apoio de empresas e institucións á Challenge Cup e amosouse confiado nas posibilidades do Amfiv para facerse coa copa. Tamén convidou a toda a cidadanía a achegarse a Navia Bouzas para gozar deste "deporte excepcional e do máximo nivel".
Descargar todas as imaxes