Escoitar

O Concello incorpora eficiencia enerxética e un cargador para dispositivos electrónicos na humanización de Gerona

Tras unha visita este luns aos traballos de reforma da primeira fase da rúa, Abel Caballero informou de que esta humanización -que presenta un investimento de 350.000 euros e un prazo de execución estimado en 4 meses- sumará iluminación de alta eficiencia enerxética e un cargador externo para dispositivos electrónicos.

luns, 2 mar 2015
1425303896gerona.JPG
A humanización da rúa Gerona, na súa primeira fase, xa está en marcha cun investimento de 350.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, segundo informou o alcalde despois de facer unha visita á obra xunto a tenente de alcalde, Carmela Silva, e os concelleiros de Parques e Emprego, Ángel Rivas e Santos Héctor, respectivamente.

O Concello actúa en 150 metros de rúa, desde a Gran Vía, e iniciará a reforma do resto de Gerona cando remate esta primeira fase da obra, apuntou Caballero. O alcalde salientou que a rúa está "moi deteriorada", singularmente la red de abastecimiento de agua, polo que a humanización conlevará a renovación das redes de abastecemento e saneamento, a incorporación de novas redes de pluviais, a implantación dun sistema de rego separativo e de infraestruturas para rede soterrada de telecomunicacións e de instalación eléctrica.

Caballero subliñou que a rúa Gerona terá dez luminarias LED de alta eficiencia, arborado a ambas marxes da rúa con zonas verdes axardinadas, papeleiras e bancos. Como elemento particular, o goberno local disporá xunto a un dos bancos un cargador externo para dispositivos electrónicos como móbiles, tabletas, cámaras...
Descargar todas as imaxes