Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 10 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo habilita desvíos de tráfico durante as obras das cintas mecánicas en Gran Vía

Os desvíos recomendados durante as obras para a colocación das ramplas na Gran Vía entraron en vigor este mércores. Hai rutas alternativas establecidas. O alcalde informou tamén da posta en marcha dun carril adicional para o transporte público na Avenida de Europa polo regreso das praias.

O Concello de Vigo habilitou este mércores desvíos de tráfico e rutas alternativas na Gran Vía con motivo das obras de instalación das cintas mecánicas e reforma do boulevard financiado con fondos Feder da Unión Europea, dentro do proxecto de Estratexia de Desarrollo Urbano Sostenible Integral (EDUSI).

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recomendou este mércores utilizar os desvíos habilitados e usar o transporte urbano despois de que fosen pechados ao tráfico na Gran Vía os tres carrís en sentido descendente e un ascendente.

"É aconsellable usar os desvíos alternativos por Hernán Cortés, Simón Bolívar, Marqués de Alcedo, Vázquez Varela ou O Castro", sinalou o rexedor antes de indicar como mellor opción o transporte público. Caballero apuntou que o día 15 de novembro queda restablecido el trafico en Gran Vía ata o día 10 de xaneiro.

A reforma da Gran Vía -entre María Berdiales e Venezuela – xa comezou o pasado mes de xuño e abarca un total de 200 metros de percorrido no que se instalarán ramplas que facilitarán a mobilidade e a eficiencia enerxética.

Cun orzamento de 5,1 millón de euros, incluiranse espazos abertos de descanso, reordenarase o tránsito, ademais de renovar as redes de saneamento, pluviais, abastecemento, rego, alumeado, pozos e conexións con edificios.

As obras terán unha duración de 8 meses e inclúen, ademais das cintas mecánicas para mellorar mobilidade e a eficiencia enerxética, rutas e percorridos histórico culturais, en cada zona do bulevar.

Tráfico praias
Ademais, o alcalde informou da posta en marcha dun carril adicional para o transporte público de regreso das praias. Así, desde o 1 de xullo ao 30 de setembro, en horarios de 19:00 a 21:00 horas, habilítase un carril reversible na Avenida de Europa para que os autobuses de transporte urbano, taxis e motos poidan circular na operación regreso das praias.

O carril esquerdo sentido descendente estará sinalizado mediante conos para cambiar o sentido de circulación entre Camiño Maráns e o Colexio Amor de Dios. Esta sinalización será supervisada pola Policía Local e dará aviso á sala de tráfico para adecuar o semáforo da Avenida de Samil coa rúa Bravo.
Mais noticias
O Concello dota de desfibriladores portátiles a unha ducia de coches da Policía Local
O goberno municipal destina 50.000 euros a entidades sociais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003